Diego Barreal Modroño, veciño de Gatomorto, parroquia Santa María de Xeve, concello de Pontevedra, actuando como representante da Comunidade Usuarios Augas de Fonte Lagunda, mediante este anuncio convoco a asemblea que terá lugar o día 21 de marzo de 2026, ás 18.30 horas en primeira convocatoria e ás 19.00 horas en segunda convocatoria, no local social, coa seguinte orde do día:
1. Formar relación nominal de usuarios (nome, DNI, dirección, ref. catastrais e sinatura), constituirse en comunidade de usuarios e solicitar a concesión administrativa, así como elixir o nome e domicilio da Comunidade.
2. Aprobar as bases ás cales, dentro da lexislación vixente, terán que axustarse os proxectos de ordenanzas e regulamentos, polos cales se rexerá a Comunidade.
3. Designación dos membros que integrarán a Xunta de Goberno, encargada da dirección da Comunidade e da redacción das ordenanzas e regulamentos.
4. Rogos e preguntas.
Santa María de Xeve-Pontevedra, 10 de febreiro de 2026
Diego Barreal Modroño
Presidente da Comunidade Usuarios Augas de Fonte Lagunda
