Sergio Ballesteros Rosales, con DNI ***8628**, como presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de Palmás-Costa (Moaña), mediante este anuncio convoco á asemblea xeral ordinaria todos os usuarios da comunidade, que terá lugar o 15 de marzo de 2026, ás 10.30 horas en primeira convocatoria e ás 11.00 horas en segunda convocatoria, no local da Asociación de Montes de Domaio, coa seguinte orde do día e aprobación, se é o caso, do que proceda:
1. Lectura e aprobación da acta anterior.
2. Presentación da memoria do ano 2025.
3. Estado de contas 2025.
4. Información xeral.
5. Elección de novos membros da Xunta de Goberno e do Xurado.
6. Rogos e preguntas.
Domaio-Moaña, 3 de febreiro de 2026
Sergio Ballesteros Rosales
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de Palmás-Costa (Moaña)
