DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 4 de marzo de 2026 Páx. 16279

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade do Salnés

ANUNCIO da oferta de emprego público do ano 2026.

Mediante o Decreto da Presidencia, do 6 de febreiro de 2026, aprobouse a oferta de emprego público do ano 2026, que contén as seguintes prazas:

Persoal laboral fixo:

Nº prazas

Denominación

Grupo cotización

Sistema de acceso

Observacións

1

Técnico/a contratación

I/II

Concurso-oposición

Promoción interna

Contra este acordo de aprobación da oferta de emprego público, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer os seguintes recursos:

• Potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acordo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación.

• Contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao desta publicación, se non se interpón o de reposición. Se se interpón este último, o prazo de dous meses empezará a contarse dende o día seguinte ao da publicación da resolución do recurso de reposición, se esta é expresa. Se a resolución non é expresa, o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a desestimación por silencio administrativo.

• Calquera outro que considere conveniente, baixo a súa responsabilidade.

Cambados, 6 de febreiro de 2026

David J. Castro Mougán
Presidente da Mancomunidade do Salnés