DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 4 de marzo de 2026 Páx. 16196

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto Zona de reestruturación parcelaria de Almoite, no concello de Baños de Molgas (clave do expediente 2023/0107).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 18 de febreiro de 2026, do proxecto Zona de reestruturación parcelaria de Almoite, no concello de Baños de Molgas (Ourense), promovido pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

A dita declaración poderase consultar na ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade