DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 4 de marzo de 2026 Páx. 16197

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS614B (expediente 0488 e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a este departamento territorial, intentadas as notificacións das resolucións ditadas no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que estas se puidesen efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes advertíndolles que, de non facelo, entenderase efectuada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoalmente ou debidamente representadas no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Dependencia (rúa Concepción Arenal, nº 7-9), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, transcorrido o prazo que se indique nas resolucións contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, entenderase producida ao vencemento do dito prazo indicado para comparecer.

Advírtese que contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social neste departamento territorial no prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, efectuada por comparecencia, de conformidade co artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2026

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Número do

expediente

DNI

Contido do acto

Data do documento

0488

76517171N

Desistencia e acordo de arquivamento

3.12.2025

0544

01835243G

Desistencia e acordo de arquivamento

23.12.2025