DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 4 de marzo de 2026 Páx. 16155

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 23 de febreiro de 2026 pola que se dá de baixa no Rexistro de Escolas de Música e Danza desta comunidade autónoma, por cesamento de actividades, a Escola de Música Municipal do Barrido, de Paradela.

Mediante a Orde do 27 de setembro de 1996 (DOG do 7 de novembro) autorízase a inclusión no Rexistro de Escolas de Música e Danza desta comunidade autónoma da Escola de Música Municipal do Barrido, do concello de Paradela (Lugo), de conformidade coa Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) que regula as condicións de creación e funcionamento das escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Concello de Paradela comunica o cesamento da actividade do centro e solicita a súa baixa no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia, polo que, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo único. Baixa no Rexistro

Dar de baixa no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia a Escola de Música Municipal do Barrido, do concello de Paradela (Lugo), código do centro 27016601.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2026

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional