DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 4 de marzo de 2026 Páx. 16206

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente CO-74076 e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a este departamento territorial, intentada a notificación dos acordos de inicio do procedemento de reintegro das prestacións económicas indebidamente recibidas ditados no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes advertíndoos que, de non facelo, entenderase efectuada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoalmente ou debidamente representadas no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Dependencia (rúa Concepción Arenal, nº 7-9), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os acordos de inicio que se notifican outórganlles ás persoas interesadas un prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da recepción da notificación, efectuada por comparecencia, para presentar as alegacións ou documentos que consideren convenientes.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2026

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS210A

Número do

expediente

DNI

Contido do acto

Data do documento

CO-74076

49685156G

Acordo de inicio de reintegro da prestación

2.10.2025

LU-64731

32409140R

Acordo de inicio de reintegro da prestación

2.10.2025