De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio notifícase á persoa interesada e que figura no anexo a resolución que se ditou no expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar a dita notificación por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio da dita persoa interesada.
O expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, en Gregorio Hernández, 2-1º andar, onde a dita persoa interesada, ou a persoa que a represente debidamente acreditada, poderá comparecer para coñecemento íntegro do acto e do resto do expediente, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Contra a dita resolución, a persoa interesada ou a persoa que a represente debidamente acreditada poderá interpoñer recurso no Xulgado de Primeira Instancia da Coruña, que por quenda lle corresponda, no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte ao da notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, e/ou no prazo de dous (2) anos, no caso de oposición á dita resolución administrativa, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia, de conformidade con disposto no artigo 172.2 do Código civil.
A Coruña, 9 de febreiro de 2026
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Nº de expediente |
Persoa interesada |
Data da resolución |
Efectos da resolución |
|
2025/273/15 |
47386126P |
28.10.2025 |
Establecemento de medida administrativa |
