DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 4 de marzo de 2026 Páx. 16212

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 2020/134-36 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo, para proceder á notificación da resolución ditada nos expedientes que se indican no referido anexo instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta nos ditos expedientes tramitados neste departamento territorial.

Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada por si ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, do Departamento Territorial de Vigo, da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais e en horario das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

En virtude do artigo 172.2 do Código civil e tendo en conta que transcorrido o prazo de dous anos desde a notificación da resolución pola que se declarou o desamparo dos menores decaeu o dereito dos proxenitores ou titores a opoñerse ás decisións ou medidas adoptadas para a protección dos menores. Non obstante, poderán facilitar información á Entidade Pública e ao Ministerio Fiscal sobre calquera cambio nas circunstancias que deron lugar á declaración da situación de desamparo e unicamente o Ministerio Fiscal estará lexitimado para opoñerse á resolución da Entidade Pública.

Vigo, 9 de febreiro de 2026

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expedientes: 2020/134-36 e 2020/135-36.

Persoa interesada: 36146941A.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 19 de decembro de 2025.

Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento de medida administrativa.