Publicación das bases e da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura, polo sistema de oposición libre, dunha praza de auxiliar administrativo/a do Concello da Pobra do Caramiñal.
Mediante a Resolución de Alcaldía do 7 de xaneiro de 2026, resolveuse a aprobación das bases e da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura por oposición libre dunha praza de auxiliar administrativo/a do Concello da Pobra do Caramiñal.
As bases íntegras publicáronse no Boletín Oficial da provincia da Coruña número 11, do 19 de xaneiro de 2026.
O período de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A Pobra do Caramiñal, 30 de xaneiro de 2026
José Carlos Vidal Suárez
Alcalde
