No Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP) número 164, do 29 de agosto de 2025, publicouse o anuncio de aprobación da oferta de emprego público (OEP) do exercicio 2025.
No Diario Oficial de Galicia número 186, do 26 de setembro de 2025, publicouse tamén o anuncio da aprobación da dita OEP.
Advertido un erro material sobre o nivel do complemento de destino (CD) de varias prazas ofertadas, mediante a Resolución da Alcaldía número 2026-0052, do 22 de xaneiro de 2026, que avoca as competencias delegadas da Xunta de Goberno Local para este caso concreto, acordouse a súa rectificación, de tal xeito que se publicou un anuncio coa corrección dos complementos das prazas afectadas no BOP número 18, do 28 de xaneiro de 2026.
A Pobra do Caramiñal, 29 de xaneiro de 2026
José Carlos Vidal Suárez
Alcalde
