DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 4 de marzo de 2026 Páx. 16265

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva do expediente 2025/PLANEAM/000005-FG 749.

Mediante o Acordo do Pleno do 26 de decembro de 2025, aprobouse definitivamente a modificación puntual nº 18 do Plan xeral de ordenación municipal, retirada do catálogo do elemento D-4 identificado como Hórreo en Mera (documento asinado o 4 de xuño de 2025).

O documento aprobado definitivamente pode consultarse na páxina web do Concello, na sección de Urbanismo, Plan xeral, modificacións puntuais.

Non se achega normativa urbanística xa que a modificación non afecta as determinación do PXOM e mantense este en vigor.

O que se fai público para a súa executividade e indícase que contra a aprobación definitiva da modificación puntual poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación (artigos 10 e 46 da Lei 29/1998). Isto sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

Oleiros, 7 de xaneiro de 2026

Ángel García Seoane
Alcalde presidente