DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 4 de marzo de 2026 Páx. 16263

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castroverde

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público do ano 2026.

Vista a proposta da Alcaldía asinada o 2 de xaneiro de 2026 de aprobación da oferta de emprego público para o ano 2026.

Visto o resultado alcanzado na Mesa Xeral de Negociación coas asociacións sindicais máis representativas, que tivo lugar o pasado día 9 de xaneiro de 2026.

A Xunta de Goberno Local, no exercicio das competencias delegadas polo alcalde presidente o 5 de xullo de 2023, por unanimidade,

ACORDA:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2026, que comprende as seguintes prazas:

– Prazas libres:

1. Persoal funcionario de carreira.

Praza

Grupo/subgrupo

Escala

Subescala

Sistema selectivo

Xornada

1

Arquitecto/a

A/A1

Administración especial

Técnica

Oposición libre

Parcial (15 h/sem.)

1

Conserxe

AP

Administración xeral

Subalterna

Oposición libre

Completa

Total

2

– Promoción interna:

1. Persoal funcionario de carreira.

Praza

Grupo/subgrupo

Escala

Subescala

Sistema selectivo

Xornada

1

Auxiliar administrativo/a

C2

Administración xeral

Auxiliar

Concurso-oposición

Completa

Total

1

– Laboral fixo.

Praza

Grupo/subgrupo

Sistema selectivo

Xornada

1

Oficial

C2

Concurso-oposición

Completa

Total

1

Segundo. Facer pública esta oferta de emprego, mediante a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, ao abeiro do artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto do empregado público.

Terceiro. Publicar este acordo na sede electrónica e no taboleiro edital do Concello.

Cuarto. Trasladar o presente acordo á Administración xeral do Estado, a través da Subdelegación do Goberno, e á Xunta de Galicia, para os efectos do sinalado no artigo 56.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Castroverde, 26 de febreiro de 2026

Xosé María Arias Fernández
Alcalde presidente