DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 4 de marzo de 2026 Páx. 16245

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción por termo do prazo de concesións de augas (expediente DH.A36.7138 e seis máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar os expedientes de extinción por transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondente ao expediente DH.A36.7138 e seis máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titulares

VMA (m³)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.A36.7138

Comunidade usuarios Caxin

2.840 m³

Manancial

Doméstico

L: Monte da Casa
P: San Martiño de Meis (San Martiño)
C: Meis

DH.A36.09038

Comunidade usuarios Vilas

9.145 m³

Manancial

Doméstico

L: Vilas
P: Morgadáns (Santiago)
C: Gondomar

DH.A36.07989

Comunidade de usuarios Devesa de Abaixo

3.000 m³

Manancial

Doméstico

L: Monte de Xeixo
P: San Miguel de Presqueiras (San Miguel)
C: Forcarei

DH.A36.12735

Ofelia Emilia Recimil García

30.989 m³

Dous Pozos e Manancial

Gandeiro

L: Porta Piñeiro
P: Piñeiro (San Xiao)
C: Silleda

DH.A36.13560

Pastora Besada Pérez

5.812 m³

Manancial

Doméstico
Industrial

L: Menxueiro
P: Simes (Santa María)
C: Meaño

DH.A36.12841

Antonio Albino Nercellas Rodríguez

9.450 m³

Pozo

Gandeiro

L: Pena
P: Negreiros (San Martiño)
C: Silleda

DH.A36.13893

Evaristo Reboredo Fernández

3.942 m³

Pozo

Gandeiro

L: Froxán
P: Castro de Cabras
(San Pedro)
C: Lalín