DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 4 de marzo de 2026 Páx. 16243

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os oficios de citación de visitas de recoñecemento sobre o terreo de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente E-61-P y seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo do interesado ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas indicadas no anexo os oficios de citación de visitas de recoñecemento sobre o terreo de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente E-61-P e seis máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do oficio

E-61-P

Manuel Camba Andión

12.2.2026

E-1138-P

Ramiro Gómez Mariño e demais veciños do lugar de Covas

12.2.2026

E-1134-P

Manuel Morgade Rey

12.2.2026

1114-M

Ramona Encarnación Loureiro Rodríguez, María Andía Gomendio

12.2.2026

890-M

Nicolás López Vidal, Antonio Miranda Rodríguez, Juan Miranda Vilariño, María Miranda Vilariño, Concepción Álvarez Vidueiras, Concepción Ventoso Álvarez, Josefa Coldeiro López e outros, Victoria Andía Vidarte, Gervasio López Veiga, Ángela Gutiérrez Ferreiro, Josefa Oural Oural e outros, José Ronzas Coldeira e outros, Benita Ledo Saavedra

12.2.2026

977-273

Francisca Sante Pérez, Filomena Sante Pérez

12.2.2026

1750-M

Amancia Ventoso Fernández e herdeiros de Ramón Fernández Varela

12.2.2026