Dentro das actividades programadas para o ano 2026, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, de creación da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a convocatoria da primeira práctica do Plan anual de adestramento regulamentario para a seguridade no manexo das armas dos/das policías locais de Galicia, que se desenvolverá conforme as seguintes bases:
Obxectivos:
– Facilitar o cumprimento do disposto no artigo 11.4 da Lei 4/2007, de coordinación de policías locais.
– Dispor de persoal actualizado nas prácticas de armamento e tiro policial de defensa.
– Controlar a práctica anual e regulamentaria do cadro de persoal, mediante un control e unha cartilla de tiro individual.
– Establecer distintos niveis para categorías de tirador, segundo a seguridade e habilidade que demostre no manexo das armas.
Persoal destinatario:
A actividade vai dirixida ao persoal dos corpos das policías locais da Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran co disposto no artigo 11.4 da Lei 4/2007, relativo a garantir unha adecuada preparación no uso da arma regulamentaria para o persoal dos corpos da policía local.
Para tal fin, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública establece un plan anual de adestramento, no cal se inclúen dúas prácticas anuais para o persoal dos concellos interesados.
Solicitudes:
Os concellos interesados deberán remitirlle o formulario que está na páxina web https://agasp.xunta.gal/es á Academia Galega de Seguridade Pública antes do día 10 de marzo de 2026.
As solicitudes deberán presentarse a través do correo electrónico formacion.agasp@xunta.gal, indicando no asunto: Plan de tiro 2026, ou ben a través do rexistro electrónico.
As solicitudes deberán estar autorizadas pola Alcaldía, concellaría ou xefatura, segundo proceda.
Todos aqueles concellos que adquirisen recentemente armas regulamentarias para a policía local terán preferencia para efectuar as prácticas regulamentarias, indispensables para un mellor coñecemento da nova arma e a adquisición da destreza suficiente para o seu manexo coa seguridade e habilidade necesarias.
Medios:
Para o desenvolvemento da actividade, o alumnado deberá traer a súa respectiva arma regulamentaria da dotación e a munición correspondente para as prácticas. A Academia Galega de Seguridade Pública nomeará o profesorado e as persoas instrutoras necesarias.
Determinación da data das prácticas. A seguir, sinálanse os días e os horarios habilitados dentro da primeira práctica do plan:
|
Opción |
Día |
Horario |
|
1 |
16.3.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
2 |
18.3.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
3 |
19.3.2026 |
10.00 a 14.30 h |
|
4 |
19.3.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
5 |
23.3.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
6 |
25.3.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
7 |
26.3.2026 |
10.00 a 14.30 h |
|
8 |
26.3.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
9 |
6.4.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
10 |
8.4.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
11 |
9.4.2026 |
10.00 a 14.30 h |
|
12 |
9.4.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
13 |
13.4.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
14 |
5.4.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
15 |
20.4.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
16 |
22.4.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
17 |
27.4.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
18 |
29.4.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
19 |
4.5.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
20 |
6.5.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
21 |
7.5.2026 |
10.00 a 14.30 h |
|
22 |
7.5.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
23 |
11.5.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
24 |
13.5.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
25 |
14.5.2026 |
10.00 a 14.30 h |
|
26 |
14.5.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
27 |
18.5.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
28 |
20.5.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
29 |
25.5.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
30 |
27.5.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
31 |
1.6.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
32 |
3.6.2026 |
16.00 a 20.30 h |
|
33 |
4.6.2026 |
10.00 a 14.30 h |
|
34 |
4.6.2026 |
16.00 a 20.30 h |
Unha vez configurado o calendario segundo as solicitudes recibidas, comunicaráselles aos concellos coa finalidade de que, pola súa vez, informen con antelación suficiente da relación nominal do persoal participante na práctica.
Control e cartilla de tiro:
O control das prácticas do persoal xestionarano conxuntamente a Academia Galega de Seguridade Pública e a persoa designada polo concello.
Estableceranse niveis segundo a categoría e a habilidade que cada persoa tiradora amose nos aspectos tanto de seguridade como de manexo coas armas, niveis a que irá accedendo paulatinamente cada policía, se é o caso. Estes niveis constarán na cartilla ou documento de control que se dispoña para as prácticas de tiro, tal e como se indicaba no punto anterior.
Lugar:
As prácticas desenvolveranse na galería de tiro da Academia Galega de Seguridade Pública, sita na rúa da Cultura, s/n, no concello da Estrada (Pontevedra).
Modificacións:
A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento do Plan anual de actualización para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
A Estrada, 26 de febreiro de 2026
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
