DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 4 de marzo de 2026 Páx. 16175

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2026 pola que se anuncian os acordos do Pleno de publicación de dous informes de fiscalización.

De conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, anúnciase a aprobación e a publicación polo Pleno, do 5 e do 12 de febreiro de 2026, dos informes que a seguir se relacionan:

– Informe de fiscalización do servizo de produción e transmisión de sinal de directos para a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. Exercicio 2024. [1902024-05].

– Fiscalización de «auditoría pronta» en relación coa Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza. Exercicio 2023. [1702025-09].

Ligazón para acceder ao texto completo dos informes:

https://www.ccontasgalicia.es/gl/menus-consello/fiscalizacion/informes

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2026

Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia