DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 4 de marzo de 2026 Páx. 16176

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 25 de febreiro de 2026 pola que se convocan bolsas para realizar prácticas académicas externas do estudantado das titulacións do Campus Auga para o curso 2025/26.

BDNS (Identif.): 889892.

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/889892

Primeiro. Persoas beneficiarias

Será beneficiario o alumnado que está matriculado en estudos de grao ou máster universitario das titulacións do Campus Auga de Ourense no curso 2025/26.

Segundo. Obxecto

O obxecto desta convocatoria é potenciar a empregabilidade do estudantado das titulacións do Campus Auga a través das prácticas remuneradas en empresas.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 25 de febreiro de 2026 pola que se convocan bolsas para realizar prácticas académicas externas do estudantado das titulacións do Campus Auga para o curso 2025/26.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de catorce mil euros (14.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 26 de febreiro ata o 12 de marzo de 2026.

Vigo, 25 de febreiro de 2026

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Francisco Javier Rodríguez Rajo
Vicerreitor do Campus de Ourense