DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 5 de marzo de 2026 Páx. 16646

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2026 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa das bateas V.R. I e Carmen II.

Antecedentes:

1. O día 5 de febreiro de 2026, David González Piñeiro e María Elisa González Piñeiro solicitan autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa das bateas V.R. I e Carmen II.

2. O día 10 de febreiro de 2026, a persoa titular do Departamento Territorial de Vigo da Consellería do Mar acordou, de oficio, a acumulación dos expedientes mencionados.

3. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a súa tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

1. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

2. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión inter vivos da concesión administrativa dos seguintes viveiros:

Tipo: batea.

Nome: V.R. I.

Situación:

Cuadrícula nº: 63.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 21.9.1957.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: David González Piñeiro (***1264**) e María Elisa González Piñeiro (***3464**).

Nova titular: María Elisa González Piñeiro (***3464**).

Tipo: batea.

Nome: Carmen II.

Situación:

Cuadrícula nº: 7.

Polígono: E.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 29.9.1967.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: David González Piñeiro (***1264**) e María Elisa González Piñeiro (***3464**).

Novo titular: David González Piñeiro (***1264**).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Xustificante do pagamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados ou sobre sucesións e doazóns.

Segunda. Transcorrido ao prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular das concesións queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da transmisión en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Vigo, 10 de febreiro de 2026

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo