Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da directora territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 6 de marzo de 2026, se autorizou a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños que a seguir se describen:
– Parque 1:
Identificación e localización: parcela número 255 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 87,24 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
– Parque 2:
Identificación e localización: parcela número 648 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 172,33 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
– Parque 3:
Identificación e localización: parcela número 472 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 220,74 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: mortis causa (mediante pacto sucesorio de mellora).
Actual titular: María Consuelo Díaz Fernández (***1521**).
Novo titular: Manuel Fernando Rey Díaz (***6808**).
O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.
Vigo, 9 de febreiro de 2026
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo
