DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 5 de marzo de 2026 Páx. 16382

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, pola que se fai pública a relación de novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e se modifica a orde na relación de aspirantes que o superaron.

Na sesión que tivo lugar o día 25 de febreiro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño), modificada polas resolucións do 7 de xuño de 2024 (DOG núm. 114, do 13 de xuño) e do 27 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 24 de abril de 2025 (DOG núm. 83, do 2 de maio), este tribunal acordou elevar ao titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

O 25 de febreiro de 2026, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña oito novas persoas aspirantes, xa que a proposta co número 18, Silvia Viaño Moar (***8968**), presentou a renuncia a continuar no proceso e as persoas aspirantes propostas cos números de orde 25 María Beatriz Pampín Ferreiro (***9625**), 61 Pilar Bermúdez Trigo (***8276**), 64 María Manuela Valiño Vázquez (***4181**), 78 María José Corral Suárez (***4298**), 79 Elisa García Hermida (***4336**), 130 María Fidela Martínez Míguez (***8822**) e 137 Inés Sarceda Rodríguez (***3603**) non presentaron a documentación requirida, polo que decaen nos seus dereitos respecto deste proceso selectivo.

A base III.4 da convocatoria sinala: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas. Para poder superar o proceso selectivo, será necesario acadar unha puntuación mínima de trinta (30) puntos.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, de se produciren renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que, dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira.».

Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, elimínanse as persoas aspirantes que renunciaron e as decaídas, enumérase a orde de prelación a partir do posto número 18 e incorpóranse oito novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo. Esta relación faise pública como anexo I, por orde das puntuacións obtidas no concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

Segundo. De conformidade co disposto na base VI.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as novas persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Terceiro. Elevar esta relación complementaria á titular da Dirección Xeral da Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2026

Javier Fraga Vázquez
Presidente do tribunal

ANEXO I

Relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo

Convocatoria: C2 (concurso).

Corpo/categoría: corpo auxiliar da Administración xeral da Comunicade Autónoma de Galicia (2059).

Prazas acceso libre: 200.

Prazas acceso base I.1.1: 14.

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

207

***5947**

Lampón Casais, María Pilar

Libre

85.700

208

***8503**

Martínez Otero, María Susana

Libre

85.650

209

***5799**

Morais Flórez, Carlos Alberto

Libre

85.400

210

***3670**

López Suárez, María Elisa

Libre

85.400

211

***5770**

Iglesias Souto, María Isabel

Libre

85.080

212

***6432**

Jambrina Tostón, María Rosario

Libre

85.000

213

***6057**

Albo Albo, Ana María

Libre

85.000

214

***6629**

González Iglesias, María Inmaculada

Base I.1.1

84.500