Na sesión que tivo lugar o día 27 de febreiro de 2026, e logo da estimación do recurso de alzada presentado por María Elisa González Pérez contra a Resolución do 20 de marzo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o acceso a determinados corpos, escalas e especialidades (DOG núm. 57, do 24 de marzo), así como da proposta presentada pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para nomear novos aspirantes por renunciar ou non presentar a documentación requirida sete persoas aspirantes que figuraban na relación de aprobados, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de abril de 2024 (DOG núm. 78, do 19 de abril), modificada pola Resolución do 21 de maio de 2024 (DOG núm. 102, do 28 de maio), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo),
ACORDOU:
Primeiro. Modificar a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso ao corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, publicada mediante a Resolución deste tribunal do 20 de marzo de 2025 (DOG núm. 57, do 24 de marzo), modificada pola Resolución deste tribunal do 10 de xullo de 2025 (DOG núm. 137, do 18 de xullo), de xeito que María Elisa González Pérez (***5972**), que continúa mantendo a mesma puntuación de 91,5 puntos, para os únicos efectos de desempate, pasa a ter o número 103 da orde de prelación, en vez do número 117, e renumérase correlativamente a relación de aprobados tendo en conta o disposto no ordinal seguinte.
Segundo. Mediante a Resolución do 20 de marzo de 2025 (DOG núm. 57, do 24 de marzo), modificada pola Resolución do 10 de xullo de 2025 (DOG núm 137, do 18 de xullo), este tribunal acordou elevar á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/202, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
O 25 de febreiro de 2026, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, requírelle a este tribunal que propoña sete novas persoas aspirantes, xa que a proposta co número 78, Alberto José Pardo Silva (***6505**), presentou a renuncia a continuar no proceso e as persoas aspirantes propostas cos números de orde 64 María Luz Cortés Jiménez (***3985**), 99 María Ángeles Rama Fernández (***4208**), 109 María de la O Cores Lamas (***7973**), 116 Patricia de la Torre Táboas (***1356**), 120 Ramona Losada Rodríguez (***4099**) e 192 María Eugenia Montero Muela (***1732**) non presentaron a documentación requirida, polo que decaeron nos seus dereitos respecto deste proceso selectivo.
A base III.4 da convocatoria sinala: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas. Para poder superar o proceso selectivo, será necesario acadar unha puntuación mínima de trinta (30) puntos.
Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, de se produciren renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que, dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira.».
Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021 para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, elimináronse as persoas aspirantes que renunciaron e as decaídas, renumerouse a orde de prelación a partir do posto número 64, tendo en conta o disposto no ordinal primeiro desta resolución, e incorpáronse sete novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo. Esta relación faise pública como anexo I, por orde das puntuacións obtidas no concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
A relación completa e reordenada das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
Terceiro. De conformidade co disposto na base VI.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021 da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as novas persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
Cuarto. Elevar esta relación complementaria á titular da Dirección Xeral da Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Quinto. Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 27 febreiro de 2026
Ana Belén Díaz Fernández
Presidenta do tribunal
ANEXO I
Relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo
Convocatoria: A1 (concurso).
Corpo/categoría: corpo superior da Administración xeral da Comunicade Autónoma de Galicia (2060).
Prazas acceso libre: 206.
Prazas acceso base I.1.1: 5.
|
Nº de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Puntuación |
|
205 |
***1880** |
Castro Agra, Iván |
Libre |
76.900 |
|
206 |
***1627** |
Villar Fernández, María del Carmen |
Libre |
76.240 |
|
207 |
***8694** |
García Barreiro, Natalia |
Libre |
76.050 |
|
208 |
***2387** |
Papín Louzán, Paula |
Libre |
75.400 |
|
209 |
***0540** |
Sánchez Fernández, Georgina |
Libre |
74.960 |
|
210 |
***9681** |
Infante Baltar, Mónica |
Libre |
74.300 |
|
211 |
***0628** |
García del Riego, Joaquín Manuel |
Libre |
74.000 |
