Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo os acordos de inicio ditados pola persoa titular do Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Pontevedra nos expedientes sancionadores PO-00061-O-2026 e cinco máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Pontevedra.
Outorgáselles un prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente e presentaren ou propoñeren as probas que consideren oportunas.
No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a finalización do procedemento sancionador.
Pontevedra, 13 de febreiro de 2026
Manuel Santano Gómez
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF denunciado |
Infracción denunciada Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
|
PO-00061-O-2026 3835-JVW |
Y7135118A |
Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 29.11.2025; 12.50; EP-2402; 0,2 |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
PO-00072-O-2026 9208-KWV |
53113795X |
Exceso de peso igual ou superior ao 15 %. 26.11.2025; 12.42; AP-9; 137,5 |
Artigo 141.2 da LOTT Artigo 198.3 do ROTT |
Artigo 143.1.c) da LOTT Artigo 20.1.f) do ROTT Artigo 143.1 da LOTT |
801 euros |
|
PO-02019-O-2025 0837-BDH |
X7988955C |
Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 2.6.2025; 7.05; A-55; 18,2 |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOT |
801 euros |
|
PO-02350-O-2025 1983-MZD |
44229161T |
Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 16.7.2025; 8.10; AP-9; 159,0 |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
PO-02407-O-2025 M-7472-KB |
53186959B |
Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 7.8.2025; 12.00; N-552; 1,975 |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
PO-02964-O-2025 PO-0718-AS |
Y7285930G |
Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 22.10.2025; 14.10; PO-510; 0,0 |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
