Para os efectos previstos no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación titulada:
«Proxecto básico de solicitude de autorización ambiental integrada e estudo de impacto ambiental de planta de elaboración de cefalópodos, crustáceos e pescado refrixerado no polígono industrial do Espírito Santo, termo municipal de Cambre».
Para que calquera persoa interesada poida consultala e, se é o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas.
A documentación estará á disposición das persoas administradas nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostenibilidade, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (http://medioambiente.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).
Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
ANEXO
Expediente: 2026-IPPC-I-10.
Categoría principal da actividade: 9.1.b).i) do anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (tratamento e transformación, diferente do simple envasado, das seguintes materias primas, tratadas ou non previamente, destinadas á fabricación de produtos alimenticios ou pensos a partir de materia prima animal (que non sexa exclusivamente leite) dunha capacidade de produción de produtos acabados superior a 75 toneladas/día), e grupo 2.b) do anexo II da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (industrias de produtos alimenticios: instalacións industriais para o envasado e enlatado de produtos animais e vexetais).
Titular: Profand Cambre, S.L.U.
NIF: B15075245.
Domicilio social: rúa Zepelín (polígono industrial O Espírito Santo), 28-29, concello de Cambre (A Coruña).
Enderezo da instalación: rúa Zepelín (polígono industrial O Espírito Santo), 28-29, concello de Cambre (A Coruña).
Actividade principal: elaboración de cefalópodos, crustáceos e peixe refrixerado e conxelados.
Descrición: ampliación da planta, mediante desmantelamento de parte dos equipamentos actuais, instalación de novas liñas de envasado e redistribución do usos das salas, para acadar unha capacidade de produción de 218,2 toneladas/día de produto acabado.
As verteduras que se xerarán na instalación correspóndense con:
– Augas residuais, diferenciándose unha corrente de augas de proceso e limpeza das distintas etapas, que pasan pola EDARi antes de envialas á rede de saneamento, e a corrente das augas sanitarias, que van directamente ao colector.
– Augas pluviais, recóllense na rede propia da instalación para posteriormente vertelas no colector de saneamento do polígono.
