DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 5 de marzo de 2026 Páx. 16624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución apoios LMTA SJG801 Ponte Bora 1 entre o A664AI74/201 e o A648NUPG//204, no concello de Pontevedra.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio comunícase a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución apoios LMTA SJG801 Ponte Bora 1 entre o A664AI74/201 e o A648NUPG//204, que se realizarán no Pazo da Cultura do concello de Pontevedra, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 12 de febreiro de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/550-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Substitución apoios LMTA SJG801 Ponte Bora 1 entre o A664AI74/201 e o A648NUPG//204.

Concello: Pontevedra.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titular

Data

Hora

1

36900A270000950000LD

Besada

Descoñecido

29 de abril de 2026

13.00

2

36900A270000960000LX

Besada

Descoñecido

29 de abril de 2026

13.00

3

36900A269004430000LW

Paulas

Descoñecido

29 de abril de 2026

13.00