DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 5 de marzo de 2026 Páx. 16626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se comunica o traslado aos titulares das follas de valoración formuladas pola entidade beneficiaria nun expediente de expropiación forzosa no concello de Rairiz de Veiga (expediente IN407A 2025/7-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMTA ALL803 no treito entre os apoios núm. 95-63-21-11 e núm. 95-63-21-15, situada no concello de Rairiz de Veiga, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo. Así mesmo, indícase a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar os predios afectados.

O texto íntegro das referidas follas de valoración está á disposición das persoas titulares na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense) tras pediren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do BOE, para solicitar a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinale. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.

Ourense, 13 de febreiro de 2026

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2025/7-3.

Instalación: regulamentación da LMTA ALL803 no treito entre os apoios núm. 95-63-21-11 e núm. 95-63-21-15.

Concello: Rairiz de Veiga.

Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Data da acta de ocupación

2

Agro

32068A021009290000PI

Rosa Gómez

11 de decembro de 2025