DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 6 de marzo de 2026 Páx. 16797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2025/008-1, no concello de Narón.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, CTC, RBT Faísca, no concello de Narón (expediente IN407A 2025/008-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa consistorial do referido concello, segundo o calendario e horario aproximado que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 19 de febreiro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2025/008-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS, CTC, RBT Faísca.

Concello: Narón.

Predio

Lugar

Ref. catastral

Titularidade proposta

Data

Hora

1

Avda. Souto Vizoso

6167281NJ6166N0000IJ

María Luisa Seselle Criado e Tomás Rodríguez Palomares

17.4.2026

11.45