Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase aos titulares que figuran no anexo da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Proxecto modificado 1 da LMTA, LMTS, CTC e RBTS no Cumial e Muíño do Camba, situada no concello de Ourense.
Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, requíreselles para que presenten ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación no taboleiro de edictos único do BOE, a súa folla de valoración, en que concretarán de xeito motivado o valor en que estiman a servidume imposta e alegar o que coiden conveniente ao seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.
Ourense, 19 de febreiro de 2026
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2023/54-3.
Instalación: proxecto modificado 1 da LMTA, LMTS, CTC e RBTS no Cumial e Muíño do Camba.
Concello: Ourense.
Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Data dos depósitos previos: 6 de febreiro de 2026.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
|
2 |
San Sellao |
32900A173001510000LR |
Descoñecido/a |
|
3 |
Serra Coterón |
32900A173003300000LG |
Descoñecido/a |
|
4 |
Rúa Cuartel |
6738502NG9863N0000ZG |
Descoñecido/a |
|
5 |
Serra Coterón |
32900A173002480000LI |
Descoñecido/a |
|
6 |
Serra Coterón |
32900A173002450000LR |
Descoñecido/a |
|
7/1 |
Serra Coterón |
32900173003220000LH |
Descoñecido/a |
|
8 |
Rúa Cuartel |
6738510NG9863N0000BG |
Descoñecido/a |
