Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio comunícase a todas as persoas interesadas os pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados polo proxecto Substitución e PES de interruptor telecontrolado, que se realizarán na casa do concello de Sarria, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade.
Lugo, 19 de febreiro de 2026
Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/50-2.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: Substitución e PES de interruptor telecontrolado.
Convocatoria para o pagamento dos prezos xustos no concello de Sarria.
|
Concello |
Titular |
Día |
Hora |
Predio |
|
Sarria |
Descoñecido/a |
13.5.2026 |
11.30 |
1 |
