DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 6 de marzo de 2026 Páx. 16791

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto Substitución do apoio A1SVIRS2//T16-23 da LMTA ATI727, LMTA e nova LMTS ATI727, realizada pola empresa beneficiaria da expropiación.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución do apoio A1SVIRS2//T16-23 da LMTA ATI727, LMTA e nova LMTS ATI727, que figuran no cadro anexo.

As persoas interesadas poderán presentar, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, escrito en que acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria; no segundo caso, terán dereito a facer as alegacións que coiden oportunas, empregando os métodos de valoración que xulguen máis convenientes para xustificar a súa valoración e, así mesmo, achegar as probas que consideren oportunas na xustificación das ditas alegacións.

Vigo, 19 de febreiro de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/162-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Substitución do apoio A1SVIRS2//T16-23 da LMTA ATI727, LMTA e nova LMTS ATI727.

Concello: O Porriño.

Predio

Referencia catastral

Titular

1

36039A036003300000DI

Descoñecido/a

3

36039A036003030000DU

Descoñecido/a

4

36039A036003040000DH

Hrdos. de José Luis Alonso Serodio

5

36039A036003050000DW

Descoñecido/a