DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 6 de marzo de 2026 Páx. 16809

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia da extinción da entidade Coidado Asistencial e Limpezas Moncana, S. Coop. Galega, en liquidación, en virtude de mandamento xudicial.

En cumprimento do disposto no artigo 62 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, faise pública a extinción da entidade Coidado Asistencial e Limpezas Moncana, S. Coop. Galega, en liquidación, en virtude do mandamento do Xulgado do Mercantil praza nº 2 de Lugo (procedemento concursal nº 1322/25), referido ao Auto do 13 de novembro de 2025 polo que se decreta a conclusión do concurso de acreedores e se acorda a súa extinción e o peche da súa folla de inscrición

Lugo, 18 de febreiro de 2026

Carmen José López Rodríguez
Directora territorial de Lugo