DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 6 de marzo de 2026 Páx. 16808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2026, da Dirección Territorial de Lugo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Arias Jul, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta dirección territorial, o 26 de xuño de 2024, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas a modificación dos artigos 1 e 2 dos estatutos sociais relativos á denominación e ao domicilio social da entidade Arias Jul, S. Coop. Galega, segundo escritura pública do 9 de xaneiro de 2026, co nº de protocolo 65, outorgada ante a notaria de Melide, María del Carmen Carreira Simón. A nova denominación social da entidade é Penaloura, S. Coop. Galega e o novo domicilio social establécese en Picaña, nº 1, parroquia de Merlán, concello de Palas de Rei na provincia de Lugo.

Lugo, 18 de febreiro de 2026

Carmen José López Rodríguez
Directora territorial de Lugo