No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 23, do mércores 4 de febreiro de 2026, publicáronse as bases que rexen a convocatoria de procesos selectivos para cubrir varias prazas vacantes por quenda libre incluídas na oferta de emprego público para o ano 2023:
– Unha praza (1) de administrativo/a da Administración xeral, pertencente á escala administración xeral, subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1 (funcionario de carreira, concurso-oposición).
– Unha praza (1) de ordenanza (subalterno), pertencente á Área de Oficinas Xerais, encadrada no grupo V do Concello de Meis (persoal laboral fixo, concurso-oposición).
– Unha praza (1) de limpador/a, pertencente á Área de Obras e Servizos, encadrada no grupo V do Concello de Meis (persoal laboral fixo, concurso).
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria serán obxecto de publicación na forma prevista nas súas bases reguladoras.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Meis, 9 de febreiro de 2026
Marta Giráldez Barral
Alcaldesa
