DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 6 de marzo de 2026 Páx. 16848

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria por promoción interna para a cobertura dunha praza de técnico/a de informática, subgrupo A1, C.E. 18/22.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña, nº 249, do 30.12.2025, publicáronse as bases aprobadas pola resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 22.12.2025, relativas á seguinte convocatoria:

– Unha praza de técnico/a de informática, pola quenda de promoción interna, (subgrupo A1), C.E. 18/22.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 11 de febreiro de 2026

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local, do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica