DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 6 de marzo de 2026 Páx. 16843

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de notificación de requirimento para xestión da biomasa vexetal de parcelas a titulares descoñecidos (expediente 1178/2025 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 e da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Expediente

Data da acta de inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

1178/2025

23.9.2025

36005A063000150000TQ

Follente-Bemil

Descoñecido/a

1182/20258

23.9.2025

36005A063014100000TM

Follente-Bemil

Descoñecido/a

1184/2025

23.9.20258

6005A063000240000TO

Follente-Bemil

Rodríguez Suárez, José Luis

(DNI e enderezo descoñecido)

1226/2025

19.11.2025

36005A047001760000TS

Gorgullón-Carracedo

Figueiras Aboy, Dolores

(DNI e enderezo descoñecido)

1239/2025

19.11.2025

36005A047001860000TY

Gorgullón-Carracedo

García Jamardo, Carmen

(DNI e enderezo descoñecido)

1241/2025

19.11.2025

36005A047001870000TG

Gorgullón-Carracedo

76843726J

(enderezo descoñecido)

1247/2025

19.11.2025

36005A047001930000TL

Gorgullón-Carracedo

35345186M

(enderezo descoñecido)

1896/2025

8.10.2025

36005A092000400000TI

Foxacos-Arcos da Condesa

Descoñecido/a

2355/2025

15.10.2025

7566901NH2176N0001GD

Veigas de Almorzar-Bemil

Descoñecido/a

2686/2025

19.11.2025

36005A047001830000TW

Gorgullón-Carracedo

Manuela García Barros

(DNI e enderezo descoñecido)

2693/2025

19.11.2025

36005A024002520000TD

Gorgullón-Carracedo

Luisa Bello Magariños

(DNI e enderezo descoñecido)

2695/2025

19.11.2025

36005A024002540000TI

Gorgullón-Carracedo

Descoñecido/a

2701/2025

19.11.2025

36005A024001680000TA

Gorgullón-Carracedo

Descoñecido/a

1919/2025

20.8.2025

9177645NH2197N0001ZG

Outeiral-Caldas

Descoñecido/a

2053/2025

8.9.2025

36005A008006890000TH

Arosa-Arcos da Condesa

Emilio Ferreiro Gontad

(DNI e enderezo descoñecido)

2054/2025

8.9.2025

36005A008006880000TU

Arosa-Arcos da Condesa

Ramiro Ferreiro Gontad

(DNI e enderezo descoñecido)

2066/2025

8.9.2025

36005A050011500000TZ

Cope-Carracedo

Descoñecido/a

Considerando o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 7.d) e 22.10 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia en relación co establecido no artigo 21.1.s) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 61.1.s) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia,

DISPOÑO:

Primeiro. Requirir a/as persoa/s responsable/s para que nun prazo máximo de quince (15) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), proceda a xestión da biomasa e/ou retirada das especie/s arbórea/s prohibidas sinalada/s na D.A. 3ª da Lei 3/2007 sinalada anteriormente.

Segundo. Advertir que en caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de novecentos euros por hectárea de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área fora inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a  través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto.

En todo caso, a contía mínima que se vai impor por multa coercitiva será de cen euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e  defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Terceiro. Advertir que, no caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. Unha vez transcorrido este prazo de catro anos, a Administración competente deberá reiterar o apercibimento para poder proceder ás actuacións materiais en que consista a execución subsidiaria. Ante a falta de atención do devandito apercibimento, a Administración competente realizará as súas accións de control durante os catro anos seguintes co obxectivo de que a xestión estea concluída, en todo caso, con anterioridade ao primeiro día de abril de cada ano.

As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos  traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito  que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o  acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación  de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso.

A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria, e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa e/ou retirada de especies arbóreas prohibidas establécese nas seguintes cantidades estimadas:

Número de expediente

Ref. catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Liquidación provisional

1178/2025

36005A063000150000TQ

0,2229 ha

881,16 €

1182/2025

36005A063014100000TM

0,2270 ha

897,37 €

1184/2025

36005A063000240000TO

0,0590 ha

233,24 €

1226/2025

36005A047001760000TS

0,0185 ha

73,13 €

1239/2025

36005A047001860000TY

0,0533 ha

210,70 €

1241/2025

36005A047001870000TG

0,0702 ha

277,51 €

1247/2025

36005A047001930000TL

0,1582 ha

625,39 €

1896/2025

36005A092000400000TI

0,0262 ha

103,57 €

2355/2025

7566901NH2176N0001GD

0,0853 ha

337,20 €

2686/2025

36005A047001830000TW

0,0290 ha

114,64 €

2693/2025

36005A024002520000TD

0,0140 ha

55,34 €

2695/2025

36005A024002540000TI

0,0233 ha

92,11 €

2701/2025

36005A024001680000TA

0,0119 ha

47,04 €

1919/2025

9177645NH2197N0001ZG

0,0414 ha

163,66 €

2053/2025

36005A008006890000TH

0,2327 ha

919,90 €

2054/2025

36005A008006880000TU

0,0777 ha

307,16 €

2066/2025

36005A050011500000TZ

0,0400 ha

158,13 €

Cuarto. Advertir que a falta de cumprimento das obrigacións indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar medidas de carácter provisional, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais, e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Competencia de incoación do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007)

– Expedientes 1178/2025, 1182/2025, 1184/2025, 1226/2025, 1239/2025, 1241/2025, 1247/2025, 1896/2025, 2686/2025, 2693/2025, 2695/2025, 2701/2025, 2053/2025, 2054/2025, 2066/2025: a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que  se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada (artigo 54.1 da Lei 3/2007).

– Expedientes 2355/2025, 1241/2025, 2701/2025, 1919/2025: a persoa titular da alcaldía do Concello de Caldas de Reis (artigo 54.3 da Lei 3/2007 en relación co artigo 21.1.s) LRBRL e 61.1.s) LALGA)

Competencia de resolución do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007)

– Expedientes 1178/2025, 1182/2025, 1184/2025, 1226/2025, 1239/2025, 1241/2025, 1247/2025, 1896/2025, 2686/2025, 2693/2025, 2695/2025, 2701/2025, 2053/2025, 2054/2025, 2066/2025: serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves (artigo 54.2 da Lei 3/2007).

– Expedientes 2355/2025, 1241/2025, 2701/2025, 1919/2025: a persoa titular da Alcaldía do Concello de Caldas de Reis (artigo 54.3 da Lei 3/2007).

Cualificación da infracción

Infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

Contía máxima da sanción pecuniaria que se vai impor no caso de infracción leve

1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007.

No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

Sanción accesoria

Sen prexuízo doutras que se poidan establecer no devandito procedemento, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Quinto. Advertir que, de conformidade co sinalado na Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a persoa responsable terá a obriga de poñer en coñecemento desta Administración o inicio e a realización dos traballos de xestión, e achegará neste último caso reportaxe fotográfica da súa realización. En ausencia da indicada comunicación, a Administración poderá considerar os traballos como non realizados mentres non conste proba en contrario.

Caldas de Reis, 12 de febreiro de 2026

Jacobo Pérez Gulín
Alcalde presidente