DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 9 de marzo de 2026 Páx. 17145

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 20 de febreiro de 2026 pola que se notifica a resolución sobre o recurso de alzada interposto contra a resolución recaída no procedemento administrativo sancionador co número de referencia 13-17-25-14.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Manuel Gutiérrez López, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, que a resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 2 de febreiro de 2026 acordou desestimar o recurso de alzada interposto contra a Resolución da Dirección de Portos de Galicia do 16 de decembro de 2025 recaída no procedemento administrativo sancionador co número de referencia 13-17-25-14.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A citada resolución que esgota a vía administrativa é firme e executiva, e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación ante, a elección da persoa interesada, o xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición onde teña aquela o seu domicilio ou o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.

O expediente completo para o seu exame e consulta encóntrase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia situados no polígono das Fontiñas, praza Europa, 5A-6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2026

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto
infrinxido

Precepto sancionador

Importe da sanción

Sanc. 13-17-25-14

7277-MJN

Garda civil

Manuel Gutiérrez López

Estacionamento prohibido.

15.8.2025

23.45 horas

Bueu (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €