DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 9 de marzo de 2026 Páx. 17158

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario, incluídas na oferta de emprego público do ano 2025, quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 10, do 16 de xaneiro de 2026, publicáronse as bases da convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario do Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, incluídas na oferta de emprego público do ano 2025, quenda libre.

O número de prazas, a súa denominación e as características son as que a seguir se relacionan:

1. Unha praza de técnico/a de relacións laborais, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior e integradas no grupo A, subgrupo A1.

2. Unha praza de administrativo/a, encadrada na escala da Administración xeral, subescala administrativa e integrada no subgrupo C1.

O prazo de presentación de solicitudes coa documentación sinalada na base sétima das bases xerais é de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, mediante extracto.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2026

Luis López Diéguez
Presidente do Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación
do Servizo contra Incendios e Salvamento