DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 9 de marzo de 2026 Páx. 17157

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Vilaboa

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

Montserrat Martínez Cortegoso, DNI ***0779**, veciña de Vilaboa 36141, actuando como presidenta da Comunidade de Usuarios de Vilaboa (G36161701), mediante este anuncio convoco o 22 de marzo de 2026 no Colexio Público Toural (Vilaboa), ás 9.30 horas en primeira convocatoria e ás 10.00 horas en segunda, a asemblea xeral ordinaria para aprobación, se procede, dos puntos da seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación da acta anterior.

2. Informe de xestión da comunidade.

3. Contas do exercicio 2025.

4. Adopción de acordos sobre cantidades debidas por usuarios.

5. Actualización de prezos.

6. Presuposto para o exercicio 2026.

7. Futuras obras a curto e longo prazo.

8. Xunta Directiva, Xurado e suplentes.

9. Altas, baixas e cambios de titularidade.

10. Facultar a Xunta Directiva para solicitar subvencións e axudas no nome da comunidade.

11. Límites de consumo de auga en períodos normais ou excepcionais.

12. Rogos e preguntas.

Cortegoso-Vilaboa, 6 de febreiro de 2026

Montserrat Martínez Cortegoso
Presidenta da Comunidade de Usuarios de Vilaboa