DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 9 de marzo de 2026 Páx. 17156

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Vilaboa

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral extraordinaria.

Montserrat Martínez Cortegoso, DNI ***0779**, veciña de Vilaboa 36141, actuando como presidenta da Comunidade de Usuarios de Vilaboa (G36161701), mediente este anuncio convoco o vindeiro 22 de marzo de 2026 no Colexio Público Toural (Vilaboa), ás 11.00 horas en primeira convocatoria e ás 11.15 horas en segunda, a asemblea xeral extraordinaria para aprobación, se procede, dos puntos da seguinte orde do día:

1. Lectura actas anteriores.

2. Renovación dos estatutos.

3. Rogos e preguntas.

Cortegoso-Vilaboa, 6 de febreiro de 2026

Montserrat Martínez Cortegoso
Presidenta da Comunidade de Usuarios de Vilaboa