A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 19 de decembro de 2025, adoptou o seguinte acordo de aprobación da oferta de emprego público 2025 (expediente 45859-220):
«Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público do Concello de Vigo correspondente ao ano 2025, de conformidade cos informes emitidos e incorporados ao expediente electrónico núm. 45859-220 e informe de fiscalización previa e preceptiva, que estará integrada polas seguintes prazas:
Réxime funcionario:
|
Praza |
Quenda libre |
Quenda de promoción interna |
Total |
|
Administrativo/a Admón. Xeral |
5 |
4 |
9 |
|
Auxiliar Admón. Xeral |
6 |
2 |
8 |
|
Bombeiro |
4 |
4 |
|
|
Cabo Extinción Incendios |
1 |
1 |
2 |
|
Condutor-Bombeiro |
2 |
2 |
|
|
Diplomado/a en Traballo Social |
3 |
3 |
|
|
Inspector/a Auxiliar Servizos |
1 |
1 |
|
|
Inspector/a Consumo |
1 |
1 |
|
|
Inspector/a Control Concesionarias |
1 |
1 |
2 |
|
Inspector/a Medio Ambiente |
1 |
1 |
2 |
|
Inspector/a Mobilidade e Seguridade |
1 |
1 |
|
|
Inspector/a Obras, Servizos e Infraestruturas |
1 |
1 |
2 |
|
Oficial Conserxe |
1 |
1 |
|
|
Ordenanza |
3 |
3 |
|
|
Policía |
11* (das once prazas, dúas reservadas para quenda de mobilidade) |
11* (9 +2) |
|
|
Programador/a Informática |
1 |
1 |
|
|
Sarxento Speis |
1 |
1 |
2 |
|
Suboficial Extinción Incendios |
1 |
1 |
|
|
Técnico/a Admón. Xeral |
5 |
1 |
6 |
|
Técnico/a Auxiliar Bibliotecas |
1 |
1 |
|
|
Técnico/a de Sistemas |
1 |
1 |
|
|
Técnico/a de Xestión |
2 |
1 |
3 |
|
Técnico/a Normalización Lingüística |
1 |
1 |
|
|
Técnico/a Superior Bibliotecas |
1 |
1 |
|
|
Total |
52 |
17 |
69 |
Réxime laboral:
|
Praza |
Quenda libre |
Quenda de promoción interna |
Total |
|
Capataz |
2 |
2 |
|
|
Oficial Condutor |
3 |
3 |
|
|
Oficial Instalacións-Imd |
1 |
1 |
|
|
Oficial Limpeza |
1 |
1 |
|
|
Oficial Xardineiro |
3 |
3 |
|
|
Total |
8 |
2 |
10 |
Segundo. Dispoñer a publicación deste acordo nos diarios e boletíns oficiais que corresponda consonte a normativa vixente, este publícase igualmente o mesmo no Portal de transparencia do Concello de Vigo para público coñecemento».
Contra este acordo poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, ou ben recurso contencioso-administrativo perante os xulgados do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses tamén contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación do acto administrativo firme, nos supostos, termos e condicións do previsto nos artigos 8, 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 12 de febreiro de 2026
O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024 e Acordo
da Xunta de Goberno Local do 7.11.2025)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal
