A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 23 de xaneiro de 2026, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro. Rectificar o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 19 de decembro de 2025, polo que se aprobou a oferta de emprego público do Concello de Vigo correspondente ao ano 2025, expediente electrónico 45859/220, coa inclusión dunha praza de psicólogo/a (réxime laboral), para axustala ao acordado na Mesa Xeral de Negociación do 16 de decembro de 2025, segundo certificado de corrección de erros incorporado ao expediente.
Tras a rectificación do dito erro material detectado, as prazas correctamente incluídas na oferta de emprego público do Concello de Vigo 2025 son as seguintes:
Réxime funcionario:
|
Praza |
Quenda libre |
Quenda p. interna |
Total |
|
Administrativo/a Admón. xeral |
5 |
4 |
9 |
|
Auxiliar Admón. xeral |
6 |
2 |
8 |
|
Bombeiro |
4 |
4 |
|
|
Cabo extinción incendios |
1 |
1 |
2 |
|
Condutor-bombeiro |
2 |
2 |
|
|
Diplomado/a en Traballo Social |
3 |
3 |
|
|
Inspector/a auxiliar servizos |
1 |
1 |
|
|
Inspector/a consumo |
1 |
1 |
|
|
Inspector/a control concesionarias |
1 |
1 |
2 |
|
Inspector/a medio ambiente |
1 |
1 |
2 |
|
Inspector/a mobilidade e seguridade |
1 |
1 |
|
|
Inspector/a obras, servizos e infraestruturas |
1 |
1 |
2 |
|
Oficial conserxe |
1 |
1 |
|
|
Ordenanza |
3 |
3 |
|
|
Policía |
11* (das once prazas, dúas reservadas para quenda de mobilidade) |
11* (9 +2) |
|
|
Programador/a informática |
1 |
1 |
|
|
Sarxento SPEIS |
1 |
1 |
2 |
|
Suboficial extinción incendios |
1 |
1 |
|
|
Técnico/a Admón. xeral |
5 |
1 |
6 |
|
Técnico/a auxiliar bibliotecas |
1 |
1 |
|
|
Técnico/a de sistemas |
1 |
1 |
|
|
Técnico/a de xestión |
2 |
1 |
3 |
|
Técnico/a normalización linguística |
1 |
1 |
|
|
Técnico/a superior bibliotecas |
1 |
1 |
|
|
Total |
52 |
17 |
69 |
Réxime laboral:
|
Praza |
Quenda libre |
Quenda p. interna |
Total |
|
Capataz |
2 |
2 |
|
|
Oficial condutor |
3 |
3 |
|
|
Oficial instalacións-Imd |
1 |
1 |
|
|
Oficial limpeza |
1 |
1 |
|
|
Oficial xardineiro |
3 |
3 |
|
|
Psicólogo/a |
1 |
||
|
Total |
9 |
2 |
11 |
Segundo. Dispoñer a publicación deste acordo nos diarios e boletíns oficiais que corresponda, consonte a normativa vixente, publicalo igualmente no Portal de transparencia do Concello de Vigo para público coñecemento.
Contra este acordo poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, ou ben recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses tamén contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación do acto administrativo firme, nos supostos, termos e condicións do previsto nos artigos 8, 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 12 de febreiro de 2026
O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística, Educación,
Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024 e Acordo da Xunta
de Goberno Local do 7.11.2025)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade, Contratación,
Festas e Xestión Municipal
