No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 23, do 4 de febreiro de 2026, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir, por persoal funcionario de carreira, unha praza de técnico/a de turismo, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio, subgrupo A2, vacante no cadro de persoal do Concello, polo sistema selectivo de oposición libre. Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais da convocatoria unitaria publicada no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 182, do 23 de setembro de 2022. O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Logo da publicación antedita os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello.
Oleiros, 16 de febreiro de 2026
O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía núm. 2023003281, do 21 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal
