Na sesión que tivo lugar o día 27 de febreiro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 7, 20, 21, 24, 25, 31, 32, 33, 34, 37 e 39 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 244, do 26 de decembro), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo), realizou a proba física pendiente unha persoa aspirante, ao abeiro da convocatoria efectuada por este tribunal mediante a Resolución do 20 de febreiro de 2026 (DOG núm. 37, do 25 de febreiro).
De conformidade co disposto na base II.7.2 da Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) pola que se modifican as resolucións de convocatoria do 22 de decembro de 2022, as persoas aspirantes que participen nos procesos de estabilización vinculados ao servizo de extinción de incendios deberán realizar unha proba física de carácter eliminatorio. Esta proba consistirá en superar a proba física Field Test, que consiste en camiñar 3.200 metros sobre terreo plano cun peso de 11 kg ás costas, nun tempo máximo de 30 minutos. Este exercicio de carácter eliminatorio valorarase como apto ou non apto, e para superalo será preciso obter o resultado de apto.
De acordo coa Resolución do 2 de febreiro de 2026 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), este tribunal acordou facer pública unha relación de novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 33, bombeiro/a forestal condutor/a motobomba do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, na cal o aspirante Víctor Gantes Pazos, con DNI ***9027**, quedou condicionado á superación da proba física establecida na base II.7.2 da convocatoria para superar o dito proceso e que, de ser o caso, figuraría no número de orde 216. En consecuencia co anterior, este tribunal
ACORDOU:
Primeiro. Publicar o resultado obtido por Víctor Gantes Pazos, con DNI ***9027**, na proba realizada o día 27 de febreiro de 2026, correspondente á proba física única dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, vinculados ao servizo de extinción de incendios, convocados pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de decembro de 2022.
|
DNI |
Apelidos e nome |
Resultado |
|
***9027** |
Gantes Pazos, Víctor |
Apto |
Segundo. De conformidade co disposto na base V.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2026
Javier Fraga Vázquez
Presidente do tribunal
