DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 9 de marzo de 2026 Páx. 17097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento BS618D (expediente 27051000825).

De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, nos seus artigos 44 e 46, e no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, mediante este anuncio emprázase a persoa interesada que figura no anexo para notificarlle a resolución do recurso de alzada ditada no procedemento instado por ela, ao ser devolta polo servizo de Correos por non poderse efectuar por causas non imputables á Administración.

No prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), a persoa interesada poderá comparecer, persoalmente ou debidamente representada, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, na rolda da Muralla, núm. 70, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o texto íntegro da referida resolución e do seu expediente administrativo. Advírteselle que, de non o facelo así, se considerará efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o órgano xudicial competente, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 11 de febreiro de 2026

Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo

ANEXO

Núm. de expediente

Persoa interesada

Resolución do recurso de alzada

Data da resolución

BS618D27051000825

Z0432738K

Desestimación

22.12.2025