DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 9 de marzo de 2026 Páx. 16890

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2026, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dispón o depósito e a inscrición, no Rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, da acta da comisión paritaria do V Convenio colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia 2023-2026, onde se actualizan as táboas salariais para 2026.

Feitos:

Primeiro. O día 18 de febreiro de 2026 tivo entrada nesta unidade a solicitude para a inscrición, no Rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, da acta da comisión paritaria do V Convenio colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia 2023-2026, onde se actualizan as táboas salariais para 2026.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ten atribuídas, entre outras funcións, as competencias que como autoridade laboral lle corresponden á consellería, de conformidade co disposto no Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Segundo. De acordo co artigo 25 do citado Decreto 147/2024, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais é o órgano competente de coordinación dos rexistros administrativos de eleccións sindicais, de asociacións empresariais e sindicais (Deose), de convenios colectivos (Rexcon) e de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción (REA).

Terceiro. O artigo 8 do Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, regula o procedemento de inscrición de solicitudes de rexistro e convenios e acordos colectivos de traballo e establece que a autoridade laboral competente ditará a resolución en que ordene o seu rexistro, depósito e publicación no boletín oficial correspondente.

Revisada a documentación achegada e tendo en conta a normativa aplicable, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, na súa condición de autoridade laboral,

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o depósito e a inscrición, no Rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, da acta da comisión paritaria do V Convenio colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia 2023-2026, onde se actualizan as táboas salariais para 2026.

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2026

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais

ANEXO

Acta da comisión paritaria do V Convenio colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia 2023-2026

En Santiago de Compostela, ás 11.00 horas do día 13 de febreiro de 2026, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na rúa Algalia de Abaixo, 24, baixo, reúnense as persoas abaixo sinaladas, que integran a comisión mixta paritaria do V Convenio colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia 2023-2026.

Representación empresarial:

Alberto Viejo Puga (Aexidega).

Representación sindical:

Óscar Quintás Vázquez (CIG).

Rubén Duruelo Cuerdo (asesor-CIG).

Ramón Dopico López (UGT).

Laura Fraga Pardiñas (UGT)-asiste en liña.

Manuel González Pidre (CC.OO.).

María Teresa Pérez Pardo (CC.OO.).

O obxecto desta xuntanza é actualizar as táboas salariais do V Convenio colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia 2023-2026 para o ano 2026. Logo do oportuno debate, procede reflectir na acta o seguinte:

Primeiro. Actualización das táboas salariais. DOG núm. 141, do 22.7.2024

Esta comisión paritaria acorda que as táboas salariais para o 2026, tendo en conta o establecido no artigo 48 do CC, unha vez publicado o IPC do ano 2025, coinciden coas táboas publicadas no DOG núm. 141, do 22 de xullo de 2024, polo que considera esas táboas definitivas.

Segundo. Delegación no persoal habilitado do CGRL

As partes acordan delegar no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites de rexistro, depósito e publicación deste acordo ante a autoridade laboral competente.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a xuntanza ás 13.00 horas do día sinalado no encabezamento e para o efecto esténdese a presente acta, que asinan en proba de conformidade as persoas abaixo relacionadas en representación de cada unha das organizacións presentes:

Óscar Quintás Vázquez (CIG).

Ramón Dopico López (UGT).

Manuel González Pidre (CC.OO.).

Alberto Viejo Puga (Aexidega).