DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 9 de marzo de 2026 Páx. 17133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifica o acordo de inicio de expediente de extinción de concesión de augas (expediente DH.A15.16460).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas indicadas no anexo o acordo de inicio de expediente de extinción de concesión de augas, por ter expirado o prazo concesional, ditado no expediente DH.A15.16460.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, núms. 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentaren as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Nº de expediente

Titular

Data do acordo

DH.A15.16460

Félix Fraga Rodríguez e María Fraga Rodríguez

9.1.2026