DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 9 de marzo de 2026 Páx. 17134

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifica o acordo de inicio de expedientes de extinción de concesión de augas (expediente E-1194-P e nove máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo da persoa interesada ou logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesión de augas, ditado no expediente E-1194-P e nove máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, núms. 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Nº de expediente

Titular

Data do acordo

E-1194-P

Alfares de Pontesampayo, S.A.

23.1.2026

E-219-C

Sagasta Gold Mines Compañía Limitada

23.1.2026

E-1614-L

José María Rego González

23.1.2026

E-99-L

Manuel Loureiro Rego

23.1.2026

E-92-L

Antonio Ledo Valorio

23.1.2026

E-37-L

Barros e Compañía

23.1.2026

E-1467-L-01

Jesús Camba López

23.1.2026

E-1043-L

José Moreno Osorio e Alfredo Moreno Osorio

23.1.2026

E-64-2391-C

María Juana Buyo López

23.1.2026

E-169B-C

Josefa Malde Covelo

23.1.2026