DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 9 de marzo de 2026 Páx. 17136

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 19 de febreiro de 2026 pola que se emprazan as persoas interesadas no procedemento ordinario 404/2025 no expediente de reposición da legalidade PON/43/2020-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Tribunal de Instancia-Sección do Contencioso-Administrativo-praza núm. 2 de Vigo, en relación co procedemento ordinario núm. 404/2025, interposto pola persoa con DNI 36103374K, contra a resolución desestimatoria ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística nos recursos de reposición (R1-R2 acumulados) o 22.10.2025, expediente PON/43/2020-RP1, pola que se declaraba que as obras executadas consistentes na ampliación do aproveitamento espazo baixo cuberta nunha superficie de 38,40 m² para dedicar a vivenda (construción C1), no lugar de Camiño de Ferreira 18, parroquia de Teis, no Concello de Vigo, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordenábase a súa demolición, conforme a dereito á data do seu ditado. Nos recursos (R1-R2) tamén se resolve dar traslado das actuacións ao Concello de Vigo, por ser a Administración competente, logo do cambio de clasificación operado coa aprobación e a entrada en vigor do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Vigo, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal de Instancia-Sección do Contencioso-Administrativo-praza núm. 2 de Vigo.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a persoa con DNI 35583217D para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2026

Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística