O Decreto 63/2013, do 11 de abril, polo que se regulan os comités de ética da investigación en Galicia (DOG núm. 77, do 22 de abril), ten por obxecto determinar os fins, obxectivos, funcionamento, composición e procedemento de acreditación do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia e dos comités territoriais de ética da investigación, como órganos colexiados encargados da valoración ética, metodolóxica e legal dos estudos de investigación con seres humanos, o seu material biolóxico ou os seus datos de carácter persoal no seu respectivo ámbito de actuación.
O capítulo III do citado Decreto 63/2013 –artigos 7 a 10– regula os comités territoriais de ética de Investigación, e prevé a súa constitución, logo de acreditación, para tres ámbitos xeográficos de actuación; sendo un deles o de Pontevedra-Vigo-Ourense (que inclúe as áreas sanitarias do Salnés, Pontevedra, Vigo, Ourense e O Barco de Valdeorras).
Mediante a Resolución do 11 de marzo de 2022 (DOG núm. 57, do 23 de marzo) concedeuse a renovación da acreditación do Comité Territorial de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense e procedeuse ao nomeamento dos seus membros.
Unha vez transcorrido o período de catro anos, Paulo Bueno Capeáns, presidente do Comité Territorial de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense, presentou escrito en que, ao abeiro do que dispón o artigo 11 do Decreto 63/2013, solicita a renovación da acreditación dese comité territorial.
Unha vez examinada a documentación presentada xunto coa dita solicitude, e logo da comprobación do cumprimento do disposto nos artigos 9 e 11.4 do Decreto 63/2013, do 11 de abril, o 5 de febreiro de 2026 a secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade efectuou, con base no disposto no artigo 11.7 do dito decreto, unha proposta favorable á renovación da acreditación daquel comité, así como unha proposta de designación dos seus membros.
Por todo o anterior, de conformidade co disposto no punto 5 do artigo 9, e nos puntos 1, 8 e 9 do artigo 11, do Decreto 63/2013, do 11 de abril, polo que se regulan os comités de ética da investigación en Galicia, e de acordo coa proposta efectuada pola secretaria xeral técnica da Conselleria de Sanidade,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder a renovación da acreditación do Comité Territorial de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense, a cal se outorga por un período de catro anos, contados a partir da data da presente resolución.
Segundo. A súa sede coincidirá coa do Comité Autonómico de Ética da Investigación con medicamentos de Galicia (CEIm-G) en Santiago de Compostela, no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, da Consellería de Sanidade.
Terceiro. Nomear como membros do Comité Territorial de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense as persoas que se relacionan no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2026
Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade
ANEXO
Membros do Comité Territorial de Ética da Investigación
de Pontevedra-Vigo-Ourense
1. Jorge Luis Arias Otero. Licenciado en Físicas. Investigador sénior. Centro tecnolóxico AIMEN. Membro independente.
2. Paulo Bueno Capeáns. Licenciado en Matemáticas. Técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información. A.S. Pontevedra e O Salnés. Experto no Regulamento (UE) 2016/679.
3. María Dolores Durán Vila. Licenciada en Medicina e Cirurxía-especialista en Radiodiagnóstico. Facultativa especialista de área de Radiodiagnóstico-xefa de servizo. CHU de Pontevedra.
4. Manuela Fernández Barreira. Licenciada en Dereito. Grupo de Xestión da Función Administrativa. Departamento de Docencia e Investigación. A.S. Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
5. Mª Jose Fernández Domínguez. Licenciada en Medicina e Cirurxía-especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Médico de familia-xefa de Unidade. A.S. Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
6. Mª de las Mercedes Guerra García. Licenciada en Farmacia. Farmacéutica de Atención Primaria. Servizo de Atención Primaria de San Paio de Navia. A.S. de Vigo.
7. Ramón Javier López Rosell. Licenciado en Medicina e Cirurxía-especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Médico de familia. A.S. Pontevedra e O Salnés.
8. Adolfo Paradela Carreiro. Licenciado en Farmacia-especialista en Farmacia Hospitalaria. Facultativo especialista de área de Farmacia Hospitalaria. A.S. de Vigo.
9. Laura Salgado Boquete. Licenciada en Medicina e Cirurxía-especialista en Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía. Facultativa especialista de área de Dermatoloxía Médico Cirúrxica e Venereoloxía-xefa de servizo. CHU de Pontevedra.
10. Ana Belén Rodríguez Feijóo. Diplomada en Enfermaría-especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria. Enfermeira en C.S. de Gomesende. A.S. Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
11. Cristina Torreira Banzas. Licenciada en Medicina e Cirurxía-especialista en Análises Clínicas. Facultativa Especialista de área de Análises Clínicas. A.S. de Vigo.
12. Mª Asunción Verdejo González. Licenciada en Medicina e Cirurxía-especialista en Farmacoloxía Clínica. Facultativa Especialista de área de Farmacoloxía Clínica. A.S. de Vigo.
