O Decreto 63/2013, do 11 de abril, polo que se regulan os comités de ética da investigación en Galicia, ten por obxecto determinar os fins, obxectivos, funcionamento, composición e procedemento de acreditación do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia e dos comités territoriais de ética da investigación como órganos colexiados encargados da valoración ética, metodolóxica e legal dos estudos de investigación con seres humanos, o seu material biolóxico ou os seus datos de carácter persoal no seu respectivo ámbito de actuación.
O capítulo III do citado Decreto 63/2013 –artigos 7 a 10– regula os comités territoriais de ética de investigación, e prevé a súa constitución, logo de acreditación, para tres ámbitos xeográficos de actuación; un deles é o de Santiago-Lugo (que inclúe a Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, e a Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos).
Mediante a Resolución do 11 de abril de 2022 (DOG núm. 77, do 22 de abril) concedeuse a renovación da acreditación do Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo e procedeuse ao nomeamento dos seus membros.
Unha vez transcorrido o período de catro anos, María Pilar Rodríguez Ledo, presidenta do Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo, presentou escrito no cal, ao abeiro do que dispón o artigo 11 do Decreto 63/2013, do 11 de abril, solicita a renovación da acreditación dese comité territorial.
Unha vez examinada a documentación presentada xunto coa dita solicitude, e logo da comprobación do cumprimento do disposto nos artigos 9 e 11.4 do Decreto 63/2013, do 11 de abril, o 24 de febreiro de 2026 a secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade efectuou, con base no disposto no artigo 11.7 do dito decreto, unha proposta favorable á renovación da acreditación daquel comité, así como unha proposta de designación dos seus membros.
Por todo o anterior, de conformidade co disposto no número 5 do artigo 9, e nos números 1, 8 e 9 do artigo 11, do Decreto 63/2013, do 11 de abril, e de acordo coa proposta efectuada pola secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder a renovación da acreditación do Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo, a cal se outorga por un período de catro anos, contados a partir da data desta resolución.
Segundo. A súa sede coincidirá coa do Comité Autonómico de Ética da Investigación con medicamentos de Galicia (CEIm-G) en Santiago de Compostela, no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, da Consellería de Sanidade.
Terceiro. Nomear como membros do Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo as persoas que se relacionan no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2026
Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade
ANEXO
Membros do Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo
1. María Pilar Rodríguez Ledo. Licenciada en Medicina e Cirurxía. Médica de Familia de atención primaria.
2. Ana Estany Gestal. Licenciada en Farmacia.
3. María Agustina Fernández Pérez. Licenciada en Farmacia. Farmacéutica de Atención Primaria.
4. María del Carmen Freire Dapena. Licenciada en Medicina e Cirurxía. Facultativa especialista de Medicina Interna.
5. Noelia Vicho de la Fuente. Graduada en Enfermaría. Especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria.
6. Noemi López Rey. Licenciada en Medicina e Cirurxía. Médica de Familia de atención primaria.
7. Diana Martínez Señaris. Licenciada en Medicina e Cirurxía. Facultativa especialista en Hematoloxía e Hemoterapia.
8. Cristina Mondelo García. Licenciada en Farmacia. Investigadora sanitaria subgrupo A1.
9. Ricardo García Rodríguez. Licenciado en Dereito.
10. Eva Marcos Doldán. Licenciada en Enxeñaría Informática.
11. Miguel Ángel Rois Madarro. Técnico especialista de Sistemas e Tecnoloxías da Información.
12. Fátima Rodríguez Moreda. Licenciada en Dereito. Membro independente dos centros onde se realiza a investigación.
